{"product_id":"diario-de-comidas","title":"Diario de comidas","description":"\u003cp\u003e Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os pracer es e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación.Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do 'Diario de comidas' un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2004.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rodríguez Baixeras, Xavier \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482887685 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241865822532,"sku":"35083","price":17.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848288768.jpg?v=1697818728","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/diario-de-comidas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}