{"product_id":"diario-de-ana-frank","title":"Diario de Ana Frank","description":"\u003cp\u003e O \"Diario de Ana Frank\" foi escrito entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana e a súa familia se esconderon dos nazis. A obra publicouse ao rematar a II Guerra Mundial e axiña se converteu nun clásico en todo o mundo -traducido a ducias de linguas- por ser un gran e atemporal testemuño da memoria histórica, dos millóns de voces caladas durante o Holocausto. Nas páxinas desta nova edición, enriquecida con moitas pasaxes non publicadas anteriormente, Ana móstrase coma unha rapaza sincera e vital. Unha adolescente contraditoria, vulnerable, sensible e, sobre todo, namorada da vida. Ana debullará os seus segredos máis fondos: a descuberta do amor e da sexualidade, a rebeldía contra as inxustizas, a análise social e política desde o seu agocho, o xenocidio e a barbarie que acontencían no exterior, fóra da \"\"casa de atrás\"\" Mais tamén están presentes no seu diario as vivencias dos que están obrigados a compartir TODO, mesmo o medo e a esperanza, mentres o seu mundo se esnaquiza. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 448\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  FAKTORIA K DE LIBROS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Frank, Anne \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788419213440 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 906485\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54386465374532,"sku":"9788419213440","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841921344.jpg?v=1741046940","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/diario-de-ana-frank","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}