{"product_id":"dialogos-de-mortos-dialogos-marinos","title":"Diálogos de mortos. Diálogos mariños","description":"\u003cp\u003e Os 'Diálogos de mortos' trasládannos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzas que marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoais desaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais os instrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha nova realidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores. Nos 'Diálogos mariños' os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  RINOCERONTE EDITORA S.L. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  de Samosata, Luciano \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788492866847 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 533976\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48448409502020,"sku":"9788492866847","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849286684_36fb5171-18d4-481a-85b5-302361db9955.jpg?v=1740002733","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dialogos-de-mortos-dialogos-marinos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}