{"product_id":"dfw-nas-profundidades-da-tristeza-infinita-as-cancions-qu","title":"DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu","description":"\u003cp\u003e DFW nas profundidades da tristeza infinita.As cancións que lles cantaban aos cativos. (2 obras)En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de \"non ficción\". Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.Sobre As cancións... a crítica escribiu: \"Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario\" (Xesús González Gómez). \"Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal\" (Manuel F.Vieites).\"É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor\" (Xerardo Couto).\"As cancións... resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.\" (Armando Requeixo). \"Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar\" (Miguel Sande). \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 252\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Raúl Dans \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875314 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 763806\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54334543167812,"sku":"9788484875314","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487531.jpg?v=1740444302","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dfw-nas-profundidades-da-tristeza-infinita-as-cancions-qu","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}