{"product_id":"dez-coellinos","title":"Dez coelliños","description":"\u003cp\u003e Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak. Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desaparecendo por arte de encantamento. Continúa o legado de Maurice Sendak con este divertido e disparatado álbum que se publica 12 anos despois do seu falecemento. O seu protagonista é outro neno álter ego de Sendak, como Max (Onde viven os monstros), Miguel (Na cociña de noite, Miguel. Conto exemplar) ou Xoán (O un era Xoán), que nos ensina a contar cara adiante e cara atrás con humor e orixinalidade a través de dez coellos rebeldes que aparecen e desaparecen por arte de maxia. As múltiples expresións de Mino e a habilidade de Sendak para capturar todo tipo de emocións engaiolan os lectores e as lectoras, atraídos non só pola crecente marea de coelliños peludos, senón pola satisfacción do protagonista ao velos aparecer e desaparecer enfrontando non poucos obstáculos e frustracións. Un tesouro recentemente descuberto dun querido mago dos libros infantís. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 32\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2025.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Sendak, Maurice \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788413433622 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 1021124\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54753441218884,"sku":"9788413433622","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343362_66e5fad8-067a-4a21-851b-85da17c64ee6.jpg?v=1748611347","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dez-coellinos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}