{"product_id":"desobediencia-civil-unha-estratexia-para-a-resistencia-e-a","title":"Desobediencia civil: unha estratexia para a resistencia e a","description":"\u003cp\u003e As grandes promesas da modernidade non se cumpriron. A promesa de igualdade fica nunha ficción perante as enormes fendas entre ricos e pobres. A promesa de liberdade tampouco supera os límites das declaracións formais. E outra promesa, a da dominación da natureza, estanos a conducir a un desastre ecolóxico planetario cuxos efectos xa están a padecer os individuos e os territorios máis empobrecidos. A democracia actual cada vez está máis limitada a aspectos formais, nunha versión procedimental e elitista da mesma. Vivimos un estado de cousas onde os gobernos democraticamente elixidos teñen cada vez máis restrinxida a súa capacidade de actuación nas políticas económicas, rompendo cos compromisos adquiridos e frustrando as expectativas de quen os elixiron. A condición de cidadán muda na dun súbdito, cuxa única esfera de poder redúcese ao ámbito privado, e onde a maior liberdade é a de consumir cando dispón de medios suficientes.N este mundo económico global, e no estado de excepción permanente que o acompaña, os dereitos sociais vanse baleirando fronte á mercantilización da vida. Todas estas razóns esixen entender a desobediencia civil como unha figura complexa que comparte elementos co resto das outras figuras e estratexias que implican desobediencia e resistencia perante o poder. Achámonos, pois, en situación de comezar a pensar a desobediencia civil no sentido máis amplo e aberto dunha desobediencia tamén social e política. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 128\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Herique del Bosque Zapata \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876540 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 925453\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54415473770820,"sku":"9788484876540","price":13.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487654.jpg?v=1741466568","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/desobediencia-civil-unha-estratexia-para-a-resistencia-e-a","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}