{"product_id":"dentro-da-illa","title":"Dentro da illa","description":"\u003cp\u003e Organizado polo Concello de Porto do Son, o Premio Blanco Amor do ano 2004 foi outorgado a unha novela herdeira das historias de misterio e suspense, escrita, ademáis, co poder evocador da poesía e coa forza dos símbolos. Dolores Ruíz conta en Dentro da illa a historia de Frida, que aparece espida e sen lembranzas na praia dunha illa afastada e descoñecida. A novela descobre pouco a pouco a historia dos habitantes dunha terra na que cada quen garda un segredo inconfesable. Unha novela intensa e subxugante, escrita na procura das claves da estraña relación entre o egoísmo e o amor. Dolores Ruíz constrúe un universo no que prevalecen as leis dos sentimentos e das emocións. Frida, a protagonista, vaise descubrir a si mesma consonte desvela o enigma que envolve a esixencia naquel lugar afastado. Cunha atmosfera que lembra, por unha banda, a obra de Emily Brontë, e por outra, se emparenta co máis inquedante das narracións de Kafka, a novela gañadora do Blanco Amor no 2004 engaiola porque logra sacar á superficie moitos dos sentimentos ocultos que todo ser humano garda no seu interior. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2005.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ruiz, Dolores \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482887968 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241867624772,"sku":"35094","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848288796.jpg?v=1697818748","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dentro-da-illa","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}