{"product_id":"de-porteiro-xoguei-eu","title":"De porteiro xoguei eu","description":"\u003cp\u003e Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser.Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernés falado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e a traizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra en dialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio de Literatura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literatura da Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, ao dialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, ao húngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectal da Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica.A novela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeu unha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do Cinema Suízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da Crítica Cinematográfica Suíza, así como o Premio Walo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 158\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pedro Lenz \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876847 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 959814\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54425402704196,"sku":"9788484876847","price":16.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487684.jpg?v=1741637184","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/de-porteiro-xoguei-eu","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}