{"product_id":"danny-o-campion-do-mundo","title":"Danny, o campión do mundo","description":"\u003cp\u003e Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos. Realmente os problemas son debidos á gran paixón do seu pai e á súa adversión polo señor Hazell, dono case absoluto da rexión na que se desenvolve a presente historia. Danny, o campión do mundo é posiblemente a novela máis realista de Roald Dahl, un dos clásicos da literatura infantil do século XX. Un libro que recolle algúns dos temas clásicos da literatura de Dahl: a súa intransixencia co tirano, a súa feroz crítico do adulto despota, o seu desexo de vinganza cando as perigosas persoas maiores amosan os seus comportamentos máis deleznables. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 248\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Dahl, Roald \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499142647 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 216881\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272068841796,"sku":"9788499142647","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914264.jpg?v=1739701408","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/danny-o-campion-do-mundo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}