{"product_id":"cumes-torboentos","title":"Cumes Torboentos","description":"\u003cp\u003e \"Wuthering Heights\"\" ou \"Cumes Torboentos\", na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, \"Cumes Torboentos\" non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. \"Cumes Torboentos\" é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 382\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  SPA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Emily Brontë \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876502 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 909779\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54386674172228,"sku":"9788484876502","price":23.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487650.jpg?v=1741051420","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/cumes-torboentos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}