{"product_id":"cuarto-minguante","title":"Cuarto minguante","description":"\u003cp\u003e Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos. Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Alvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 208\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Álvarez, Bautista \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499148090 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 338250\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278518174020,"sku":"9788499148090","price":20.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914809.jpg?v=1739831341","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/cuarto-minguante","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}