{"product_id":"crise-e-radicalizacion-neoliberal","title":"CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL","description":"\u003cp\u003e CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL.AS ALTERNATIVAS SILENCIADASEste libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixes até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno Central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual. Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervención no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade. De aí ese estilo directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están destrás dos argumentos expostos.Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases para o progreso social e a preservación da diversidade. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 248\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xavier Vence \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873334 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 489262\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47288777343300,"sku":"9788484873334","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487333.jpg?v=1739961899","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/crise-e-radicalizacion-neoliberal","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}