{"product_id":"crime-en-compostela","title":"Crime en Compostela","description":"\u003cp\u003e Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, \"Crime en Compostela\" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, \"nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico\". \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 272\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  G. Reigosa, Carlos \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411103268 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 877751\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54383976415556,"sku":"9788411103268","price":13.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110326.jpg?v=1741011429","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/crime-en-compostela","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}