{"product_id":"crater","title":"Cráter","description":"\u003cp\u003e Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra;e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza, da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum, bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito. E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por iso os poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestións caudalosas discorrendo coa liberdade imprevisible dun corazón que se expresa de fóra cara a dentro. Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldos dun lume tribal e, asemade, á celebración das emanacións ingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusa campesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa. E proclama: «Vilarmao, sempre!». \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 216\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Novo, Olga \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416721993 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 813915\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54367588286788,"sku":"9788416721993","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841672199.jpg?v=1740769374","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/crater","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}