{"product_id":"conversas-con-alfredo-conde","title":"Conversas con alfredo conde","description":"\u003cp\u003e Alfredo Conde foi un político discutido e discutible, contra o que lanzaron dardos envelenados por concorrer e gañar o premio Nadal con Los otros días, en versión castelá, despois de ser titular da Consellería de Cultura e de lograr o primeiro e único Premio Nacional de Literatura que permanece no haber das letras galegas, con O griffón. Masacrárono pola debilidade que mostrou ó entrevistar a Fidel Castro, cando era membro do goberno tripartito que presidía Fernando González Laxe. E conducírono á fogueira do desprestixio máis demoledor que pode sufrir un personaxe público, cando o diario El País publicou a catro columnas a frase: \"¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?\", atribuída a Alfonso Guerra. Por todos estes acontecementos, Alfredo Conde considera que foi xulgado, sentenciado e condenado, no eido da función pública, sobre o que ofrece sorprendentes revelacións. Pero do que xa non cabe dúbida, é de que durante toda a xeira de paixón non deixou de traballar, coma un dos colosos das letras galegas. Alfredo Conde é un dos principais autores da literatura galega, que continúa facendo achegas fundamentais. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 308\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2009.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  IR INDO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Caño, Xose Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788476806401 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 265140\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274403758404,"sku":"9788476806401","price":19.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978847680640.jpg?v=1739734240","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/conversas-con-alfredo-conde","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}