{"product_id":"contos-por-palabras","title":"Contos por palabras","description":"\u003cp\u003e Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. \" Unha chave non é suficiente \" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que \" se duplica calquera chave, con ou sen mostra \" . \" O caso do unicornio azul \" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. \" Vanesa e o anuncio da televisión \" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. \" Un artista de neón \" : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato \" O caso do estraño empregado \" ? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en \" Ser superheroe non é doado \" e \" Noites de lúa chea \" . \" O libro das infinitas historias \" , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Fernández Paz, Agustín \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788499141558 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 197827\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54753654440260,"sku":"9788499141558","price":9.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914155_c39722ea-c14c-4c7c-af95-4302da373a13.jpg?v=1748610966","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/contos-por-palabras","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}