Contos da Coruña

€20,95

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita;como unha pedra chantada no océano;como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura;os percebeiros da Punta Herminia;Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas;o ciclista Clemente;ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Número de páginas: 264

Año de edición: 2007.0

Editorial: XERAIS

Idioma: GLG

Autor: Souto, Xurxo

EAN: 9788497826334

Código interno: 88980

Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.

Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.

Pídelo ya y recíbelo en 48 horas

En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.

Card Slider with Swiper
★★★★★
Buena atención al cliente, sin respuestas programadas ni frivoliadades de otro tipo. Así da gusto.
Marcos G Verified Verified
★★★★★
Gusta poder comprar en una tienda donde hablan tu mismo idioma.
Edu Verified Verified
★★★★★
Envío rápido y trato directo. Muy recomendable.
Eva L Verified Verified
El proceso de compra es sencillo y la entrega bastante rápida.
Nando Verified Verified
★★★★★
Todo perfecto, aunque estaría bien más opciones de pago. Aun así, repetiré sin dudar
Juan P Verified Verified
★★★★★
El servicio postventa es estupendo. Tuve un problema con un envío y lo resolvieron sobre la marcha.
Marta Verified Verified
Son los mismos libros que en cualquier otra tienda, pero aquí ven el mundo como yo, y eso me gusta.
Aida Verified Verified
Los libros me llegan en una caja de cartón todo fea. Todo en orden.
Andrea Verified Verified