{"product_id":"contos-completos-ii","title":"Contos completos II","description":"\u003cp\u003e Poe escribiu contos coma \"Os crimes da rúa Morgue\", precursor do xénero policial, e \"A caída da casa Usher\", obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna;a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que son tratados, empregando unha linguaxe que renova a narración tradiciónal, vai deixar unha fonda pegada en todas as literaturas do mundo e supón un punto de inflexión inescusable na concepción da narrativa como xénero literario. A obra de Poe é un dos símbolos culturais que sinalan o abrollar da sociedade moderna, a sociedade das grandes cidades e da industrializacion. Como autor, Poe exerce e exerceu unha indubidable influencia na cultura do século XX, mesmo na cultura popular e, singularmente, no cinema. Con esta edición dos Contos completos, de Edgar Allan Poe, o lector galego vai ter acceso ao conxunto dunha obra que é unha destemida e fascinante indagación nos misterios do mundo. O hipnótico poder de atracción das súas historias e unha concepción da literatura que xoga coas convencións para as superar fan de Poe un deses escritores lendarios que sobardadan os límites do universo literario. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 400\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2009.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Poe, Edgar Allan \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498652307 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35803\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54256572694852,"sku":"9788498652307","price":23.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865230_3155f9c9-66ba-4780-a722-002681c9eaa0.jpg?v=1739520593","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/contos-completos-ii","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}