{"product_id":"conflito-ling-istico-e-ideoloxia-na-galiza","title":"CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA","description":"\u003cp\u003e CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZAA situación do galego como síntoma.Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia modernado galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. Apublicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxoun fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galegoen conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que anosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxíasque se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían.Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e acuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora apareceesta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análisessobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, aconciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vaide século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarsede como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a décadados setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando asconclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas quese produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía asúa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha linguaoprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas decomportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflitolingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unhaprática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña comoobxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social,através da plenitude de usos e funcións.No panorama bibliográfico galego -tan necesitado de páxinas esclarecedorasa respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ(cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outrosmoitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneiradecisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segueresultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máiscientífico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constantepreocupac ión por facer análise científica, ao servizo dunha causa que nonadmite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 296\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  FRANCISCO RODRÍGUEZ \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873020 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 367583\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47281307451716,"sku":"9788484873020","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487302.jpg?v=1739856330","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/conflito-ling-istico-e-ideoloxia-na-galiza","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}