{"product_id":"como-en-alxeria","title":"COMO EN ALXERIA","description":"\u003cp\u003e A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois;Fidel Castro, Ben Bellaà nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta- é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Anxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical -«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo-. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 232\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  PENA SáNCHEZ, XOSé RAMóN \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499144351 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272890990916,"sku":"246131","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849914435.jpg?v=1698412213","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/como-en-alxeria","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}