{"product_id":"coimbra","title":"Coímbra","description":"\u003cp\u003e Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaico onde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista, verá como á transición política se superpoñen outras que condicionarán a súa educación sentimental, e mesmo a de toda unha sociedade. De a cabalo da Bildungsroman e a novela autorreferencial, De Cea irá tirando da memoria, como fillo da diáspora xarnega, para tecer un relato de iniciación focalizado na desnortada travesía que vai da infancia á adolescencia. Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia... Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadas co autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odisea migratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e da miseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 182\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xosé, De Cea \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411760300 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 884742\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54385380753732,"sku":"9788411760300","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841176030.jpg?v=1741023459","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/coimbra","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}