
Cociñando ao pé da letra
Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: "Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente plurais". Os escritores e escritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Alvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo.Entra na literatura... ata a cociña
Número de páginas: 184
Año de edición: 2011.0
Editorial: GALAXIA
Idioma: GLG
Autor: Castaño Pereiras, Yolanda;Costas Lago, Andrea
EAN: 9788498653526
Código interno: 202269
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
