{"product_id":"cocina-galega-tradicional","title":"COCIÑA GALEGA TRADICIONAL","description":"\u003cp\u003e As receitas recollidas en \" Cociña galega tradicional \" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel. En \" Cociña galega tradicional \" , a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 400\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Felpeto Lagoa, Matilde \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491212638 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 573751\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47318277226820,"sku":"9788491212638","price":28.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121263.jpg?v=1740038369","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/cocina-galega-tradicional","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}