{"product_id":"chove-nos-versos","title":"Chove nos versos","description":"\u003cp\u003e \"Chove nos versos\" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: \"As choivas no calendario\", \"Chovendo miudiño\", \"Chovendo a mares\", e \"Longa noite de chuvia\", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro. Versos consonantes sobre pés clásicos, sonoridade baseada en aliteracións, metáforas luminosas caracterizan este longo poemario onde o autor volve dialogar cos seus poetas máis amados: dende Rosalía de Castro, Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro a Nicolás Guillén. As pinturas de Lázaro Enríquez, de trazo firme, expresan os múltiples matices da chuvia, metáfora visual do paso do tempo, convertendo ao libro nun álbum poema, feito inédito ata agora na edición infantil en galego. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 80\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2004.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  García Teijeiro, Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497822015 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 89241\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242921771332,"sku":"9788497822015","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782201_9db81ce1-9e70-43b9-9427-05d671d2179c.jpg?v=1739526661","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/chove-nos-versos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}