{"product_id":"chirlosmirlos","title":"Chirlosmirlos","description":"\u003cp\u003e Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.Xogos de correr ou de agochar;xogos de grupos e de equipos;xogos de roda;xogos con pelota;xogos das lombas;xogos das bólas ou con peón;xogos das tabas, coios e dados;xogos de lanzar ou de espetar;xogos da billarda;xogos da chapa;xogos da goma, da corda ou con aros;xogos para xogar no colo cos máis cativos;e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo;e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 456\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cortizas, Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483025512 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 89642\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242942153028,"sku":"9788483025512","price":38.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848302551_e19cb302-ffae-40e8-9f9b-24da7499d167.jpg?v=1739526774","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/chirlosmirlos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}