{"product_id":"celtas-castrexos-e-romanos","title":"Celtas, castrexos e romanos","description":"\u003cp\u003e Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou mesmo os romanos foron considerados os nosos devanceiros, tal e como podemos comprobar nos textos dos eruditos e historiadores galegos dos séculos XIX e XX. Celtas, castrexos e romanos sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana. Todos estes procesos non poden entenderse sen o protagonismo dos distintos pobos que viviron nun espazo xeográfico que sobordaba o actual territorio de Galicia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 208\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  González García, Francisco \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491218494 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 756704\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54333379707204,"sku":"9788491218494","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121849.jpg?v=1740435302","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/celtas-castrexos-e-romanos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}