{"product_id":"ceiba-de-luz","title":"CEIBA DE LUZ","description":"\u003cp\u003e O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte. En \" Ceiba de Luz \" , Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 344\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lourenzo González, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491212768 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 573347\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47318236397892,"sku":"9788491212768","price":13.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121276.jpg?v=1740037939","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/ceiba-de-luz","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}