{"product_id":"catro-historias-de-emigrantes","title":"Catro historias de emigrantes","description":"\u003cp\u003e O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya. A través das biografías de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra \"Pepe Montoya\", Eduardo Martínez Filgueira \"O Cañotas\" e Isidoro Manuel García García \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 210\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2009.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Losa Rocha, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498651966 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35719\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54256564699460,"sku":"9788498651966","price":23.55,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/catro-historias-de-emigrantes","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}