{"product_id":"cartas-de-galiza","title":"Cartas de Galiza","description":"\u003cp\u003e Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L'Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza.En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea. Cartas de Galiza é unha viaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopa unha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade cos cenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos un exemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 100\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Prosper-Henri Devos \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876168 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 866991\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54375266287940,"sku":"9788484876168","price":12.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487616.jpg?v=1740904106","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/cartas-de-galiza","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}