{"product_id":"canta-xente-se-necesita","title":"Canta xente se necesita...?","description":"\u003cp\u003e Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade. Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos;tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia. A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas! \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 36\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Font, Anna \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788413432922 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 981934\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54403453059396,"sku":"9788413432922","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343292_b70e9a3d-934e-4ec4-95a2-9abe5b645a2f.jpg?v=1748599367","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/canta-xente-se-necesita","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}