{"product_id":"cabalos-e-lobos","title":"Cabalos e lobos","description":"\u003cp\u003e Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Alvaro co inquietante Bruno.  Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 192\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pérez Lorenzo, Francisco \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499148366 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 343689\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54279657095492,"sku":"9788499148366","price":20.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914836.jpg?v=1739835504","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/cabalos-e-lobos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}