{"product_id":"astronomia-a-ollo-ceibe","title":"Astronomía a ollo ceibe","description":"\u003cp\u003e Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representa tamén unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do L aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. Tal como non é afeccionado a pescar quen se limita a ver gravados ou a ler descricións sobre o mar ou os ríos, e supérao en afección quen pola súa propia man pesca un peixiño por ben pequeno que sexa, así neste libro non se atoparán fermosos discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións;nunha palabra, como di o seu autor, aprenderalle a ler no libro marabilloso que todas as noites se abre sobre o azul do ceo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 286\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Aller, Ramón María \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416533602 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 454889\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283734905156,"sku":"9788416533602","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841653360.jpg?v=1739875534","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/astronomia-a-ollo-ceibe","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}