{"product_id":"as-voces-amadas","title":"As voces amadas","description":"\u003cp\u003e Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz. Imaxina Ou non, non imaxines, emite tan só unha palabra, varias, unha frase: eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente. Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas;cidadáns, así, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saíndo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas túas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Sé ti mesmo, sé ti mesma, na recreación. E, despois, se queres, falamos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 462\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Diéguez, Lois \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491519720 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 868007\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54375537017156,"sku":"9788491519720","price":21.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151972.jpg?v=1740906749","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/as-voces-amadas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}