{"product_id":"as-frechas-de-ouro","title":"As frechas de ouro","description":"\u003cp\u003e As frechas de ouro é a primeira obra literaria escrita en galego por John Rutherford, profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen's College de Oxford e Director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade. Unha orixinal e persoal obra de ficción na que o autor percorre o Camiño de Santiago. O profesor Rutherford semella encontrarse ben nun galego que el arrequenta co humor fino e sarcástico da literatura inglesa, coa súa capacidade para relatar polo miúdo os aconteceres positivos e negativos dunha peregrinaxe que ten moito de viaxe iniciática ou rito de paso, e que constitúe tamén unha fonte de aprendizaxe sobre os lugares e a xente que o viaxeiro atopa. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá configuran unha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 252\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2004.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rutherford, John \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482887579 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35085\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241866314052,"sku":"9788482887579","price":17.6,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288757_9eea9b93-32a7-42be-bf4e-77cccd6f7b3b.jpg?v=1739520070","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/as-frechas-de-ouro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}