{"product_id":"as-artes-da-vida-de-anxel-huete","title":"As artes da vida de Ánxel Huete","description":"\u003cp\u003e Máis que unha biografía de perfil canónico, \"As artes da vida de Ánxel Huete\" quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fiados en fita narrativa e organizada en secuencias temáticas: estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor e amizade, labor pedagóxico, traballo creativo.O discurso textual foi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz do narrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa o protagonista;a do personaxe retratado, Ánxel en primeira persoa e declaración directa ou recollida de diversas publicacións;a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita;e, finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que solicitei un testemuño, unha semblanza.Ademais de ir trazando un percorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete, estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir, cultivadas con intensa vontade de construción persoal e de colaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situado nun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade. Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista, pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súa intención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ou axiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracción que a vida e a obra de Huete me producen. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 142\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Álvarez Cáccamo, Xosé Mar¡a \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873525 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 532781\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48448290816324,"sku":"9788484873525","price":14.2,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487352_7b816fee-808c-4a84-8f1b-3f8eedfb33bf.jpg?v=1740002174","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/as-artes-da-vida-de-anxel-huete","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}