{"product_id":"aqui-comeza-o-mar-premio-blanco-amor-2021","title":"Aquí comeza o mar (Premio Blanco-Amor 2021)","description":"\u003cp\u003e Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres. Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura. Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 246\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Riestra, Blanca \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491518082 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 807972\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54366083449156,"sku":"9788491518082","price":21.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151808.jpg?v=1740757062","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/aqui-comeza-o-mar-premio-blanco-amor-2021","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}