{"product_id":"anxos-e-demos","title":"Anxos e demos","description":"\u003cp\u003e Unha antiga irmandade secreta. Unha nova arma devastadora. Un obxectivo inimaxinable. Moito antes de descifrar o código Da Vinci, o simboloxista de prestixio internacional Robert Langdon accede a viaxar ata un centro de investigación suízo para analizar o críptico símbolo que apareceu marcado a lume no peito dun físico asasinado. O que descobre é inconcibible: unha criminal vinganza contra a Igrexa Católica perpetrada por unha organización secreta centenaria, os Illuminati. Nun desesperado esforzo por salvar o Vaticano dunha potente bomba de reloxería, Langdon traballa man a man coa fermosa e misteriosa científica Vittora Vetra. Xuntos embárcanse nunha frenética busca pola cidade eterna que os leva a criptas seladas, perigosas catacumbas, catedrais baleiras, e que remata na cámara máis secreta do mundo: o agocho dos Illuminati. O ambigrama do título lese igual aínda que se inverta a posición do volume. Esta antiga técnica artística é un dos protagonistas dos misterios de Anxos e demos. Dan Brown é un dos autores emerxentes dos Estados Unidos. Ten publicados, con grande éxito, Digital Fortress, Angels \u0026amp;Demons e Deception Point. Vive en Nova Inglaterra. O código Da Vinci ascendeu de maneira meteórica ata situarse no cumio da lista do The New York Times. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2005.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  MUCHNIK-EL ALEPH \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Dan Brown \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788476696958 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47246141555012,"sku":"134707","price":21.6,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978847669695.jpg?v=1697884850","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/anxos-e-demos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}