
Anxos e demos
Unha antiga irmandade secreta. Unha nova arma devastadora. Un obxectivo inimaxinable. Moito antes de descifrar o código Da Vinci, o simboloxista de prestixio internacional Robert Langdon accede a viaxar ata un centro de investigación suízo para analizar o críptico símbolo que apareceu marcado a lume no peito dun físico asasinado. O que descobre é inconcibible: unha criminal vinganza contra a Igrexa Católica perpetrada por unha organización secreta centenaria, os Illuminati. Nun desesperado esforzo por salvar o Vaticano dunha potente bomba de reloxería, Langdon traballa man a man coa fermosa e misteriosa científica Vittora Vetra. Xuntos embárcanse nunha frenética busca pola cidade eterna que os leva a criptas seladas, perigosas catacumbas, catedrais baleiras, e que remata na cámara máis secreta do mundo: o agocho dos Illuminati. O ambigrama do título lese igual aínda que se inverta a posición do volume. Esta antiga técnica artística é un dos protagonistas dos misterios de Anxos e demos. Dan Brown é un dos autores emerxentes dos Estados Unidos. Ten publicados, con grande éxito, Digital Fortress, Angels &Demons e Deception Point. Vive en Nova Inglaterra. O código Da Vinci ascendeu de maneira meteórica ata situarse no cumio da lista do The New York Times.
Número de páginas: 1
Año de edición: 2005.0
Editorial: MUCHNIK-EL ALEPH
Idioma: GLG
Autor: Dan Brown
EAN: 9788476696958
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
