{"product_id":"animais-formato-grande","title":"Animais (formato grande)","description":"\u003cp\u003e Os títulos máis coñecidos da colección 'Do berce á lúa' nun formato máis grande ideal para contar e compartir. Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para «educar o ollo e adozar o oído», como explica o seu autor, e pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos máis exitosos da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras “Lúa” chega ás librarías “Animais” no que criaturas grandes e pequenas nos convidan a gozar do xogo, do ritmo, da rima e da amizade. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 18\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rubio, Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413433165 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 981930\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54403452797252,"sku":"9788413433165","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343316.jpg?v=1741262906","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/animais-formato-grande","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}