{"product_id":"alvaro-de-las-casas-biografia-e-documentos","title":"Álvaro de las Casas. Biografía e documentos","description":"\u003cp\u003e O historiador Uxío-Breogán Diéguez partiu dunha pormenorizada investigación sobre o material documental e bibliográfico existente para trazar este retrato histórico dun home de personalidade polémica e ata o de agora só parcialmente coñecida. O percorrido vital de Alvaro de las Casas (Ourense 1901-Barcelona 1950) é coñecido sobre todo pola súa estreita vinculación coas mocidades de Ultreya, organización xuvenil que foi un dos berces do galeguismo a comezos do século XX, e pola súa militancia polémica nas fileiras do partido galeguista, no que representou unha tendencia caracterizada por certo extremismo. Este traballo de Uxío-Breogán permite descubrir cuestións ata o de agora pouco estudadas, achegándonos a biografía do personaxe desde diferentes e novas perspectivas: a súa relación coa Casa Real en Madrid ou a etapa final, pero fundamental para completarmos o seu retrato, en Sudamérica. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482886336 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35701\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54256562274628,"sku":"9788482886336","price":23.65,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/alvaro-de-las-casas-biografia-e-documentos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}