
Álvaro Cunqueiro - O Incerto Señor Don Hanlet
ALVARO CUNQUEIROO Incerto Señor Don Hamlet.Midamos a grandeza do estro de Cunqueiro: confróntase con Shakespeare, referente máximo da arte dramática, para reescribir un texto axial, o Hamlet. ¿E cal é o punto onde «corrixe» a materia hamletiana? No que abrangue o núcleo dos afectos, as relacións do pai e da nai co fillo, o desexo e a raíz do ser. Pode dicirse que nunca a fórmula coloquial «¿e ti de quen vés sendo?», clave da identidade no noso mundo tradicional, acadou sublimación artística de máis altura.Cunqueiro explorou e mobilizou todos os recursos que a lingua e a cultura lle entregaron, no terreo da representación, para elaborar esa pregunta, que adquire, na desacougante singradura de arestora, un carácter perentorio: cuestión de sermos ou non sermos.Abafala é a peor das respostas, pois, contra o que soñou Cunqueiro, ningunha obra literaria, por si, é capaz de fornecer á vida de Galiza mil primaveras máis;só a comunidade en que os lectores se tornen actores para unha representación que impulse a nosa autoconstrución interminábel. A ela, Cunqueiro, para alá dos abxectos ires e vires nos vencellos co poder franquista, xa deu o seu contributo e o que no Don Hamlet ficou é unha vigorosísima alerta contra a autoconsunción que nos ameaza como forma derradeira da agresión secularmente padecida.
Número de páginas: 260
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Manuel Castelao Mejuto
EAN: 9788484874201
Código interno: 635482
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
