{"product_id":"alguen-asi-e-o-deus-en-quen-eu-creo","title":"Alguén así é o Deus en quen eu creo","description":"\u003cp\u003e Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica;o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor;os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito e coa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenza da fe na nosa cultura. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 220\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Torres Queiruga, Andrés \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654431 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 241979\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54270945526084,"sku":"9788498654431","price":23.55,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865443.jpg?v=1739720736","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/alguen-asi-e-o-deus-en-quen-eu-creo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}