{"product_id":"aguillons-de-ortegal","title":"Aguillóns de Ortegal","description":"\u003cp\u003e Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, que atrapa ao lector coa intriga dun argumento ben dosificado e un estilo áxil que caracteriza ao autor. Novela de arrecendo clásico, extraordinariamente ben escrita e construída, dá conta, en primeira persoa, do relato autobiográfico do mariñeiro Fonseca, de orixe galega, nacido en Lisboa. De neno, nesa cidade, unha bruxa prognostícalle que terá sete vidas e, a partir dese fío, o protagonista vai dando conta de todas as ocasións en que estivo a piques de morrer. Con múltiples historias e anécdotas que se van entrelazando, o motor da novela transcorrre a partir do naufraxio que sofre o protagonista cando é atacado o barco en que viaxa. O naufraxio e os instintos de supervivencia dos personaxes dan pé a páxinas memorables, que denotan a presenza dun narrador sumamente hábil. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 304\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2005.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Puentes, Hixinio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497823920 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242894442820,"sku":"88750","price":23.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782392.jpg?v=1697826402","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/aguillons-de-ortegal","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}