{"product_id":"agora-entramos-nos","title":"AGORA ENTRAMOS NÓS","description":"\u003cp\u003e Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novo ordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundo cambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coa moralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: o movemento hippie, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para a sociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais, nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitar ideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, malia periclitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ou inconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades que requiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canción converteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outras cousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreo público: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despois está contado nas páxinas deste libro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 322\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Fernández Conde, Sheila \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416954674 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 609981\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47482908246340,"sku":"9788416954674","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841695467.jpg?v=1740092271","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/agora-entramos-nos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}