{"product_id":"adral","title":"Adral","description":"\u003cp\u003e Escritos coa intención \"de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo\", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos incialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte. A unidade vén dada por un fito, Galicia, e pola vontade de servir á súa cultura. Filgueira Valverde compón os volumes do Adral arredor de eixes temáticos nos que agrupa artigos sobre a toponimia e nos nomes;sobre símbolos coma o labirinto, o reloxo de area e as escaleiras;sobre os ritos que sinalan o paso do tempo, entre eles festas anuais coma o entroido, os maios ou o magosto;e sobre mesteres coma o de canteiro, o de fogueteiro, ou o de «sementador de cruceiros». Dedica tamén ás artes un mangado de textos, nos que trata, por exemplo, da obra de Prieto Nespereira, de Rubens e de Federico Mompou, ou estuda temas coma o estilo e o grafismo, a cerámica de Sèvres, os retábulos e a arquitectura relixiosa. Tampouco as letras quedan á marxe dos seus intereses intelectuais, desde os cacioneiros medievais aos romances, dos pseudónimos de Otero Pedrayo ás obras de Cabanillas e de Feixoo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 444\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Filgueira Valverde, Xose \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498656039 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 344779\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54279796556100,"sku":"9788498656039","price":22.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865603.jpg?v=1739836674","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/adral","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}