{"product_id":"acta-de-vitimas","title":"ACTA DE VÍTIMAS","description":"\u003cp\u003e Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado coa propiedade. Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a lembranza, o agarimo, o humor? e os arroutos de dignidade mesmo no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as recoñecera como tales. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 230\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Victorino Gutiérrez Aller \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873396 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 502800\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48445482533188,"sku":"9788484873396","price":17.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487339_f5b6d446-ae5a-4e45-998c-f620bb83188a.jpg?v=1739984767","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/acta-de-vitimas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}