{"product_id":"achis","title":"ACHÍS!","description":"\u003cp\u003e Mamá e papá estaban encantados;pero, cando o gato se achegou a ver o bebé: Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato... Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé. É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé. Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar. Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á \"normalidade\". Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 36\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  OQO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Andrés, José Carlos \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788498714364 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 748220\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54331391377732,"sku":"9788498714364","price":15.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849871436.jpg?v=1748607373","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/achis","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}