{"product_id":"abecedario-das-mantenzas","title":"Abecedario das mantenzas","description":"\u003cp\u003e O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R. Barreiro Fernández, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamén da forma de adubalos e cociñalos sen excluír os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomía. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que só pretenden ser un receitario práctico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na súa condición de médico, infórmanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saúde das persoas. Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradición oral e na produción literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalía ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura áxil e recorrente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 320\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Galdo, Fausto \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499144450 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274242605380,"sku":"251211","price":41.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849914445.jpg?v=1698444459","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/abecedario-das-mantenzas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}