{"product_id":"a-vixilia-do-bosque","title":"A vixilia do bosque","description":"\u003cp\u003e Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 88\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  FAKTORIA K DE LIBROS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Álvarez Torneiro, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788419213518 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 952610\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54422414000452,"sku":"9788419213518","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841921351.jpg?v=1741602778","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-vixilia-do-bosque","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}