{"product_id":"a-vision-do-amor-no-cancioneiro-de-don-denis","title":"A visión do amor no cancioneiro de Don Denis","description":"\u003cp\u003e A visión do amorno cancioneiro de Don DenisEstudo e edición de 33 cantigas de amor.Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigasde amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas calesaparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópicoxa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textostrázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco,unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola vozpoética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplaciónda senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico eliterario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súafi xación textual, realizada seguindo as tendencias \\'neo-lachmanianas\\' eoutras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual.O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas,fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais estedestaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composiciónsda tradición poética previa con elementos innovadores, así como polodiálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produciónlírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracterizaa nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel comoo último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feitoque redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do nosoglorioso patrimonio cultural e literario \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 286\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Leticia Eir¡n Garc¡a \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873006 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 471751\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283940884804,"sku":"9788484873006","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487300.jpg?v=1739896655","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-vision-do-amor-no-cancioneiro-de-don-denis","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}